Comisións Obreiras maniféstase en Vilagarcía no primeiro de maio

    VILAGARCÍA > Na comarca do Salnés os que saíron á rúa en manifestación este primeiro de maio foron os delegados e afiliados do sindicato Comisión Obreiras. Nesta mobilización que percorreu as rúas de Vilagarcía Comisión denunciou o incremento do número de despidos de operarios fixos na comarca.

    Polo emprego estable, seguro e con dereitos. Baixo este lema saiu a manifestación do 1º de maio no Salnés. O sindicato Comisións Obreiras, novamente en solitario, protagonizou a manifestación do Día do traballador para denunciar o incremento do número de despidos de traballadores fixos que son suplantados por contratacións ilegais.

    A manifestación partiu da praza de Ravella para percorrer diversas rúas de Vilagarcía. Comisións reclama á conselleríad e Traballo que extenda á comarca do Salnés o plan de choque que anunciou para a comarca Ulla – Umia. Argumentan que nesta zona se dan os mesmos problemas de precariedade laboral e altos índices de paro, sendo unha das economías máis castigadas de Galicia.

    Os sindicalistas lembran que o Salnés rexistra un alto índice de siniestralidade laboral e denuncian que nos primeiros meses deste ano se incrementaron nun doce por cento. Tamén denuncian o estancamento dos salarios, fronte ás constantes subidas dos prezos, o que incide nun maior endebedamento dos traballadores. Neste Día do Traballador, Comisións tamén elevou as protestas dos traballadores do metal, que están dispostos a loitar por un novo convenio colectivo con melloras sociais e salariais.

    Redacción Salnés