VILANOVA> O Terrón, en Vilanova, soará a jazz o Día das Letras Galegas. Este venres unha das parcelas mercadas polo concello neste entorno acollerá unha yam session na que participarán preto de 20 músicos. É a primeira actividade deste tipo que programa o goberno local neste entorno, que queren converter nun anfiteatro ao aire libre.
Vilanova celebrará o Día das Letras Galegas a ritmo de jazz. Unha das parcelas do Terrón de titulariedade municipal acollerá unha jam session na que participarán ao redor de 20 músicos.
A actividade arrincará ás 9 da noite, e partirán dun repertorio acordado cos músicos participantes. A jam session stá incluída no programa Sonatas de Primavera.
Está é a primeira actividade deste tipo que acollerá a parcela do Terrón, aínda que a intención do concello é que non sexa a última. De feito, o goberno local quere convertela nun anfiteatro ao aire libre, que estea dispoñible para os que queiran empregalo.
Agora as máquinas traballan na parcela para arranxar os desniveis do terreo. Ademais, está prevista a instalación de bancadas de pedra na contorna, pero que non chegarán a tempo para a sesión do venres.