Portos decide non renovar a cesión do Salón Peña ao Concello de Cambados

CAMBADOS> Incentidume en Cambabos ante o anuncio de Portos de Galicia de que non vai renova-la concesión do Salón José Peña. A cesión por 15 anos rematou esta semana e o ente autonómico anunciou que non a vai renovar porque interpretan que o usos que se fixeron en todos este anos non se adaptan nin á concesión nin á Lei de Portos.

Portos de Galicia non vai renova-la concesión de uso do Salón de Exposición José Peña ó Concello de Cambados. O espazo estaba cedido por 15 anos. Nese tempo o Concello investiu 850.000 euros na recuperación desta antiga conserveira. No seu interior foron proliferando multitude de eventos, que o acabaron convertendo nunha referencia sociocultural na vila. Pero agora, Portos anuncia que non vai renova-la concesión porque considera que moitas das actividades que alí se fixeron non se adaptan ó acordado nin á Lei de Portos.

Agora, o Concello terá que pedir unha autorización temporal, como moito para os vindeiros 4 anos para poder usar estas instalacións. Iso si, só se poderán celebrar actos relacionados co sector do mar.

Pero o certo e que no Salón Peña tense organizado unha multitude de inicitiva, dende o Mercado das Flores de Defuntos, ata o desfile de moda de Cambados Zona Centro, pasando polo Túnel do Viño do Albariño ou o Entroido. Para ese tipo de actos, agora, o concello terá que elaborar unha solicitude previa.

Con todo, dende o Concello amósanse optimistas. Falan dunha actitude positiva por parte de Portos, que se podería traducir nun novo acordo.

Mentres esa nova concesión non chega, a incertidume leva ó goberno local a manter en stand by a programación de Nadal. De momento non puideron mover ficha porque a día de hoxe o anuncio da fin da actual concesión só a recibiron de xeito oral, pero non por escrito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí