O PP de Vilanova pide que se investigue o chalé de Santiago

    VILANOVA > O asunto do chalet supostamente ilegal do portavoz socialista de Vilanova Rodrigo Santiago chegará á Xunta de Galicia. O PP vilanovés quere que o goberno galego e o propio PSOE municipal investiguen a situación na que se atopa esta propiedade. No último pleno o alcalde atacou directamente con documentos na man a Santiago, despois de que o PSOE pedise a creación dunha comisión informativa sobre o patrimonio económico e empresarial dos edís da corporación.

    rodrigosantiago_300_010506.jpgContinúa a polémica en materia urbanística entre o PP e o PSOE de Vilanova. O goberno local insta ó grupo socialista municipal e á Xunta de Galicia a que investiguen a situación na que se atopa o chalet de Rodrigo Santiago. No último pleno, o alcalde Gonzalo Durán lembrou que o voceiro socialista adquiriu un solar no centro urbano por 450 mil pesetas e meses despois a hitocou por 15 millóns de pesetas.

    O rexedor preguntoulle entón a Rodrigo Santiago se este prezo tan baixo tiña algo que ver coa recalificación desa parcela durante os anos en que a súa muller estivo de concelleira no grupo de goberno socialista en 1995. O PP de Vilanova asegura que nese pleno o portavoz socialista recoñeceu novas irregularidades na súa vivenda, como habitala carecendo de permiso de primeira ocupación, ou seguir executando obras con licencia municipal caducada.

    Esto coincidiu no debate dunha moción do PSOE na que solicitaba a creación dunha comisión informativa sobre o patrimonio económico e empresarial dos edís da corporación. Os populares vilanoveses consideran que Rodrigo Santiago utiliza unha dobre vara de medir na súa campaña de acoso ó sector da construcción e esixen que se investigue a súa situación irregular ata as últimas consecuencias.

    Redacción Salnés