VILAGARCÍA> Hoxe comezaron as obras para o desdobre da clase de sexto de infantil no colexio Rosalía de Castro de Carril. Uns traballos que asumiu ao concello logo de que a Xunta dese o seu visto bo a esa segunda aula. As nais e pais din estar satisfeitos por este avance, pero seguen a lamentar a negativa do goberno galego a que ese desdobre supoña tamén o reforzo do persoal. Insisten en que entre o grupo hai seis nenos con necesidades especiais. Din que seguirán presionando ata que se atenda esa demanda, mesmo recorrendo se fose preciso a un contencioso administrativo.
Os pais e nais do colexio Rosalía de Castro gañaron a primeira batalla, pero non a guerra na que levan meses pelexando. Hoxe arrancaron os traballos para o desdobre da saturada aula de sexto de infantil. Corren a cargo do concello vilagarcián, logo de que a Xunta aceptase esa demanda.
Así que, segundo os seus cálculos, a mediados de xaneiro ese espazo xa estaría preparado. Con todo, o goberno galego continúa a resistirse a que ese desdobre de espazos se traduza tamén nun incremento de persoal, tal como reclaman as nais e pais. Unha petición que, enganden, consideran máis que lóxica, tendo en conta ademais que entre o grupo -composto por 23 nenos e nenas- hai seis con necesidades eductivas especiais.
Polo que, avanzan, seguirán loitando. Entre as medidas, solicitarán unha reunión extraordinaria do consello escolar e, chegado o caso, non descarntan recorrer ao contencioso administrativo.
E advirten seguirán tamén loitando na rúa con novas concentracións en vindeiras datas.











