Luis Castro reunirase mensualmente coas asociacións de Ribadumia

    reunioncooperacionribadumia_100_190707.jpgRIBADUMIA > O concelleiro de Cooperación Veciñal presentoulle ás asociacións como funcionará o seu departamento.

    Luis Amable Castro quere fomentar o asociacionismo e colaborar ‘para facer as cousas o mellor posible’. Esta nova área de traballo creada nesta lexislatura permirá unha maior colaboración entre o Concello e os cidadáns e fomentará a participación dos veciños na vida social. E para atender mellor as demandas destas entidades, o edil propuxo reunirse unha vez ó mes, en horario non laboral, para, entre todos, concretar as actuacións e informar das subvencións que vaian saíndo.

    Ademais, Luis Castro comprometeuse a axilizar a xestión de documentos e as axudas que o concello poida ofrecer na organización das festas (contedores de lixo, vallas, megafonía…). Logo do encontro, os dez asistentes manifestaron a súa satisfacción polo acordado e insistiron na necesidade de colaborar entre todos para facilitar que os veciños de Ribadumia sexan os beneficiarios.

    Participación dos cidadáns

    A concellería de Cooperación Veciñal, polo tanto, será fundamental para mellorar a participación dos cidadáns. Os veciños, a través das asociacións veciñais que os representan, achegarán ó concello as súas propostas. Luis Castro insistiu na necesidade de fortalecer as asociacións de veciños xa existentes e fomentar a súa creación naquelas parroquias onde non están funcionando.

    En canto ás comisións de festas, o concelleiro resaltou a súa intención de apoiar a importante programación festiva que hai no municipio e ‘fomentar a participación dos veciños’. Para iso reunirase coas comisións e xestionará as súas necesidades co fin de integrar ós veciños na organización de actos e festexos.

    Redacción Salnés