O Obradoiro de Hostaleria do Salnés conquista a oito parellas de namorados cun menú de San Valentín

SANXENXO>  O día de San Valentín é o vindeiro luns pero o amor xa está no aire. Hoxe, en Sanxenxo, un grupo de parellas afortunadas puideron gozar dun menú tan amoroso como saboroso. Os comensaias son os agraciados dun sorteo que puxo en marcha o Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés. Nós esta mañá coámonos entre os fogóns a ver como preparaban o evento.

Son pouco máis das once da mañá e na cociña do obradoiro de Hostalería do Salnés xa se traballa a pleno rendemento. Hoxe é un día especial: agardan por 16 comensais moi amorosos. Son os agraciados cun sorteo que puxeron en marcha nas súas redes sociais co gallo de San Valentín. As 8 parellas afortunadas contan cun menú ben saboroso, tan amoroso como mariñeiro.

E como non podía ser doutro xeito polo San Valentín, tampouco poden falta-las sobremesas. Ademais das que están incluídos no menú tamén crearon esta mesa doce. E dentro desa variedade, unha das sobremesas destacadas da velada é o Lemon pie.

Ademais, no Obradoiro tamén deseñaron estas caixas. Lanzaron 15 unidades que se agotaron decontado.

No Obradoiro celebran a boa acollida que tiveron estas iniciativas que sirven para amosa-lo público o seu traballo. Salientan en especial a boa acollida do sorteo dos menús, no que participaron máis dun cento de persoas.