Morre unha rapaza de 18 anos ó colisionar contra dous camións

    CALDAS DE REIS > Pasaron as vacacións pero as estradas non deixan de cobrarse víctimas mortais. En Poio volcou un camión con semirremolque que obrigou a cortar o tráfico nun dos carrís. Non houbo que lamentar víctimas. Non así no outro accidente ocorrido no termo municipal de Caldas de Reis. Un turismo e dous camións víronse implicados nun accidente que se saldou cunha víctima mortal.

    accidentecaldas2_200_080506.jpgEra a unha e cuarto da tarde do luns cando se produciu o accidente que se cobrou a vida de S.P.O., de 18 anos de idade e veciña de Godos, en Caldas de Reis. Parece ser que a rapaza, que conducía un Citroën ZX matrícula de Madrid, foi embestida por detrás por un camión que a mandou ó carril contrario polo que viña de fronte un camión contra o que colisionou.

    accidentecaldas3_200_080506.jpgO accidente produciuse á altura do quilómetro 231 da Nacional 640 (a cinco quilómetros de Vilagarcía). Os camións implicados foron un IVECO, conducido por A.V.C., de 31 anos de idade matrícula 17771-DVF e un MAN, conducido por O.M.G. de 28 anos e matrícula PO 9238 AL. Os dous conductores dos camións resultaron ilesos.

    Redacción Salnés