![]()
VALGA> Un mozo de 32 anos de Valga desaparecido desde onte, Juan Carlos Arca ven de aparecer, aparentemente, san e salvo. Este panadeiro non volveu…
… a casa onte logo de rematar co reparto do pan no que traballaba axudando no negocio familiar. A súa furgoneta foi encontrada neste lugar, preto da última vivenda da súa ruta. Estaba ben aparcada e aberta pero sen as chaves dentro. Si permanecía no seu interior o seu móbil. A súa familia aseguraba que este é un rapaz que sempre avisaba cando chegaba tarde polo que pronto alertaron da súa desaparición; descartando tallantemente que desaparecera por vontade propia. Os veciños non se explicaban como puido acontecer este suceso tan estraño nun lugar ata o de agora do máis tranquilo.
Familiares, amigos, veciños e efectivos dos corpos de seguridade buscárono durante case día e medio no entorno do lugar de Martores no que apareceu a furgoneta; ata esta tarde, cando foi avistado por un veciño cando baixaba andando pola beira da estrada que baixa da Escravitude. Ó pasar a súa altura, o veciño coñeceuno e montouno no seu vehículo.
Arestora foi trasladado por efectivos sanitarios que lle están a realizar unha revisión médica. Con todo o rapaz di que se acorda por onde foi e que se foi polo seu propio pé. Os efectivos de rescate danse por satisfeitos co felíz desenlace e co seu traballo malia non entender a dura situación pola que atravesaron familiares, veciños e os propios corpos de seguridade e emerxencias.
Redacción Salnés







