A Escola de Imaxe e Son de Vigo presenta as súa programación para 06-07

    VILAGARCÍA > Aprender tódolos segredos do mundo do cine e a televisión. Con este obxectivo, asistiron en Vilagarcía máis dunha vintena de persoas á charla organizada pola escola de imaxe e son de Vigo. De man do director da escola puideron comprobar o material que se precisa para traballar no mundo audiovisual e mais algunhas das produccións realizadas polos alumnos.

    O Liceo de Vilagarcía converteuse  nunha pequena televisión. O director da Escola de Imaxe e Son de Vigo, Fernando Marcote, impartiu unha charla na que foron presentados os diferentes estudos audiovisuais que se impartirán na escola durante o curso 2006-2007. Técnico Superior en Imaxe, Son, Realización, Producción, Laboratorio de Imaxe ou Caracterización son só algúns de estudos que se poden realizar na escola viguesa. Na charla estiveron presentes unhas 25 persoas que puideron ver algunhas das curtametraxes e videoclips elaborados por alumnos do centro. Equinocciio, de Fran Estevez, Galáctea de Cora Peña, Kilómetro 53 de Nacho Abia ou o videoclip do grupo Astarot elaborado por María Soliño.

    Redacción Salnés