A piques de concluír a mellora do entorno da casa da cultura de Lousame

LOUSAME> O concello de Lousame está a piques de finalizar o acondicionamento da contorna da casa da cultura e o centro de día en Portobravo. Esta obra súmase á pavimentación doutros camiños en aldeas como Fruíme ou Camboño que buscan favorecer os accesos ós núcleos rurais. A actuación, que está a piques de ser certificada, consistiu na execución das beirarrúas e pavimentación da calzada. A obra, con cargo ó Plan Urbe, supuxo un investimento de corenta mil euros. Ó tempo que se remata esta actuación, xa se adxudicaron as obras de pavimentación nos accesos a Fruíme e Camboño. E está previsto que proximamente se aprobe en xunta de goberno a mellora do camiño da Gandarela á Mina. Estes proxectos súmanse ás numerosas obras incluídas no POS para a melloras de camiños rurais que se acometerán ó longo do próximo ano.