Leiceaga reúnese co sector do mar en Portosín

    PORTO DO SON> Leiceaga visitou a localidade sonense de Portosín, a onde acudiu para reunirse con representantes do sector do mar. Alí recolleu as principais demandas do sector que agarda poder incluír no seu programa de goberno. O líder dos socialistas galegos e candidato desta formación política á presidencia da Xunta nos vindeiros comicios autonómicos, Xoaquín fernández Leiceaga, criticou a política en materia pesqueira desenvolvida polo Partido Popular nestes últimos oito anos, o que provocou unha perda do 20% do emprego no sector. Neste sentido aludiu á falla de atención ó saneamento das rías, e da necesidade de acometer dunha vez por todas a súa rexeneración integral. Tamén criticou airadamente a política de xestión dos recursos, con negociacións fallidas coa UE e Marrocos, traendo graves consecuencias para o sector. Outro dos temas nos que fixo fincapé en Portosín foi á Lei de acuicultura que tiña pensado aprobar o PP, e que finalmente retirou, coa que se tiña pensado pasar do modelo sostible e social a outro modelo máis intensivo e privatizador dos recursos.