O engano das participacións preferentes podería albiscar a súa solución

    O SALNES> A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, está a concentrar gran parte das reclamacións polas participacións…

    {flowplayer}images/salnes/entrevista_adicae.flv{/flowplayer}

     … preferentes nas que se ven atrapados milleiros de clientes das Rías Baixas. A súa técnico Iria Aguete resumíanos as actuacións desta ADICAE. Na ADICAE atenden a persoas que aseguran ter contratado este tipo de productos bancarios sen ser informados de tódolos seus perigos, e nalgúns casos mesmo non foran informados en absoluto do que se lles concedía desde as entidades bancarias, pensando que tiña os cartos, nos máis dos casos, a prazo fixo. A falla de información é pois un dos motivos para poder reclamar, vía xudicial, a nulidade do contrato.

    ADICAE asegura que a presión que se está a facer por parte dos afectados en Concellos como os do Salnés é positiva, posto que por unha banda mobilizan a opinión pública e pola outra dar a coñecer este problema a outros posibles afectados e ó groso da sociedade.

    O que si piden é tranquilidade posto que poñerse máis nervioso non vai a significar que o problema se resolva antes. ADICAE calcula que en Galicia podería haber ata uns 70.000 afectados, o que podería derivar nunha demanda cooperativa moi importante que podería marcar un antes e un despois nos dereitos dos consumidores.

    Redacción Salnés