Rafael Randulfe será o candidato do PP en Pontecesures

    randulfe_100_150207.jpgPONTECESURES > Na votación da asemblea local, Rafael Randulfe conseguiu 6 votos e o actual voceiro municipal Ángel Souto, cinco.

    Randulfe volverá a se-lo candidato do PP á alcaldía de Pontecesures tras gañar unha disputada votación na asemblea local. Anque no comunicado de prensa do partido se decía que a decisión foi unánime, algúns membros do partido aseguran que non foi así, xa que dos once asistentes, seis votaron a Randulfe e cinco a Ángel Souto, o actual portavoz municipal.

    O certo é que Souto tivo que asumir durante estes anos todo o traballo de oposición ó dimitir Randulfe tras perde-las eleccións. O seu traballo como funcionario municipal impídelle desenvolve-la súa labor política, algo que será usado polos seus detractores. Aínda así, o PP pecha filas en torno ó novo candidato e asegura que conta co respaldo total e absoluto tanto do comité local como do provincial.

    Redacción Salnés