O PP da Pobra demanda a mellora urxente da estrada entre O Freixo e Ouxo

POBRA> Non é a primeira vez que o PP se interesa pola seguridade deste camiño. Xa hai ano e medio, os populares levaron a pleno unha moción solicitando non só o arranxo do pavimento, en moi mal estado, senón tamén o ensanchamento da calzada, a construción de beirarrúas e a dotación de puntos de luz. Por esta razón, volveron presentar unha moción solicitando melloras nesta zona así como o axeitado mantemento do resto da rede viaria municipal, posto que, denuncian, hai moitas vías que presentan problemas de seguridade moi importantes. Para os populares, a falta de mantemento é unha mostra máis da escasa xestión do goberno da Pobra en servizos públicos.