Quedan en liberdade con cargos os detidos pola ‘Operación Tortuga’ de blanqueo

    VILAGARCÍA > A xuíz do Xulgado número tres de Vilagarcía dictou un auto poñendo en liberdade con cargos ós oito detidos pola operación Tortuga. Ás oito en punto do venres saía do xulgado a última en declarar. Lembremos que as detencións se produciron oo xoves pola madrugada e que foron acompañadas de rexistros en Cambados, Vilanova e Vilagarcía.

    operaciontortuga1_300_190506.jpgEsta é a imaxe da última en declarar dos detidos pola operación Tortuga que se está a levar a cabo en Arousa. Ó longo de todo o día a xuíz do xulgado número tres de Vilagarcía foi poñéndoos en liberdade con cargos tras iren declarando un a un. Todos eles están relacionados con familiares de Rafael Bugallo ‘O Mulo’ e de Enrique Martínez ‘o Pimpo’, dous históricos do narcotráfico na comarca. A policía detívoos na madrugada de onte tras realizar varios rexistros en casas, locais e vehículos. O servizo de Vixiancia Aduaneira da Axencia Tributaria é quen leva a cabo esta operación de blanqueo de cartos procedentes do tráfico de estupefacientes. A policía incautouse ademais de máis dunha vintena de bens inmobles valorados en máis de tres millóns de euros. Interviu ademais preto de medio millón en efectivo e nove coches de luxo. A investigación deu comezo en 2003 e comezou a dar os seus froitos onte tralos rexistros levados a cabo en Cambados, Vilanova e Vilagarcía.

    Redacción Salnés