BOIRO> Xa está aberto o prazo de inscrición para os Encontros Arqueolóxicos do Barbanza que se celebrarán en Boiro a última fin de semana de febreiro. Destaca este ano o exotismo dos temas incluídos no programa.
Xa van alá catorce anos dende que comezaran a organizarse en Boiro estes encontros arqueolóxicos que a día de hoxe constitúen un referente nacional. Destacados poñentes daranse cita entre o 29 de febreiro e o un de marzo na casa da cultura boirense para abordar diversidade de temas.
Precisamente esa riqueza temática é a clave do éxito de estas xornadas que este ano reforzan a súa vertente internacional.
Os interesados en participar xa poden inscribirse a través da web centroarqueoloxicodobarbanza.org. Como tódolos anos haberá dúas modalidades de matrícula: a libre totalmente gratuíta e a certificada cun custo de quince euros. as inscricións pecharán o dezaseis de febreiro é o límite é de trescentas prazas.