Cándido Castro atribúe as queixas dos veciños de Oleiros a unha manipulación

    RIBEIRA > O concelleiro de Obras de Ribeira, Cándido Castro, saiu ó paso das queixas formuladas por un grupo de veciños de Oleiros que denuncia a falla de servizos básicos nesta parroquia. O edil ribeirés desmentiu esta afirmación e sinalou que as críticas se deben máis a razóns partidistas e a manipulacións.

    canucho_200_230506.jpgCándido Castro sinalou que dende o Concello inténtase atender por un igual a tódalas parroquias para que os veciños poidan ter o mesmo nivel de servizos, renovando o seu compromiso para abordar obras pendentes e intentar atende-las súas demandas. Neste sentido cabe sinalar que nos últimos anos investíronse nesta parroquia máis de 4’8 millóns de euros.

    O edil de Obras sinalou ademais que o executivo vai achegar  máis de 800 mil euros, o 50% do investimento necesario para a obra de abastecemento de auga nesta parroquia, á que xa se poden conectar os veciños da Gándara, á espera de que no vindeiro mes de xullo se poida realizar a da maior parte dos residentes nesta parroquia.oleiros_200_230506.jpg

    Cándido Castro tamén fixo referencia a outros proxectos que ten en marcha o executivo ribeirés nesta parroquia como son a construción da ponde de Meixe.

    Cándido Castro tamén se referiu ás queixas dos veciños sobre as deficiencias na rede eléctrica e a mala recepción da sinal de televisión, sinalando que o executivo está a facer todo o posible por subsanar estes problemas

    Redacción Barbanza