O tripartito sancionará ós propietarios que contribúan ó feísmo urbanístico

    BOIRO > Hai aproximadamente un ano o executivo boirés que preside Xose Deira iniciou unha serie de accións encamiñadas a combate-lo feísmo urbanístico no municipio, entre elas a elaboración dunha ordenanza para obrigar ós propietarios dos baixos a arranxa-las súas fachadas así como a evita-la proliferación de fincas cheas de maleza. Ante o caso omiso que fan os veciños ás notificacións remitidas dende o concello o goberno local vai proceder ó envío das primeiras multas que van dende os 300 ós 6.000 euros.

    baixos_300_230506.jpgO concelleiro de Urbanismo de Boiro, Xoán León, informou das accións que vai iniciar en breve o executivo local contra varios construtores e comunidades de veciños por infrinxi-la ordenanza municipal existente contra o feísmo arquitectónico na localidade e obrigar deste xeito ó adecentamento dos baixos dos edificios e anula-la estética do ladrillo á vista.

    Neste sentido nos vindeiros días o executivo boirés vai proceder a multar ós primeiros veciños que fixeron caso omiso ás notificacións reiteradas que lle foron enviadas dende o concello.

    O edil de Urbanismo boirés fixo referencia tamén ó importante esforzo que está a realiza-lo executivo local para a rehabilitación dos núcleos rurales. Unha das primeiras actuacións terá lugar en Moimenta, onde se creará unha oficina de información para orientar ós veciños que queiran rehabilita-las súas vivendas sobre como facelo e que tipo de materiais poderán utilizar.

    Redacción Barbanza