A Autoridade Portuaria resístese a ceder a Comandancia para un centro de saúde

    VILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria de Vilagarcía segue sen ceder. O alcalde aproveitou un encontro que mantivo esta mañá coa súa presidenta para volver pedir a construción dun novo centro de saúde no vello edificio da Comandancia da Mariña. Un dos locais xa está reservado para a Armada, polo que parece complicado que se chegue a algún acordo neste eido. Máis sinxelo parece no outro tema que Alberto Varela puxo sobre a mesa: recuperar o peirao de O Ramal para uso público.

     

    Que Vilagarcía remate contando cun centro de saúde no vello edificio da Comandancia da Mariña parece unha posibilidade máis que remota. O alcalde aproveitou esta mañá un encontro institucional coa presidenta da Autoridade Portuaria para insistir en que ceda os terreos.

    Recentemente a Autoridade Portuaria decidiu ceder o uso das instalacións á Armada. Porén, Varela lembrou a Sagrario Franco a existencia dun protocolo asinado en 2009 entre Xunta e o órgano que ela preside para que a Comandancia acollera un novo centro de saúde.

    Máis posibilidade de acordo hai no que se refire ao futuro do peirao de O Ramal. Varela e Franco coinciden en que debe transformarse nun espazo de goce para os vilagarciáns.

    O alcalde e a presidenta da Autoridade Portuaria emprazáronse a novos encontros para avanzar na procura de solucións a estas demandas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/15/reunion_varela_autoridade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/15/reunion_varela_autoridade.mp4{/flowplayer}