O Acuario de O Grove non pechará as súas portas

    acuario_grovecopy.jpgGROVE> Unha empresa catalá é a encargada de xestionalas instalacións a partir de agora. Tentarán abrir de novo en Semana Santa.

    {flowplayer}images/salnes/ACUARIO_GROVE.flv{/flowplayer}

    Despois de dezaseis anos en funcionamento e de estar ó borde do peche, hoxe os tres socios accionistas destas instalacións anunciaron que o Acquariumgalicia de O Grove non botará o cerre.

    Un acordo cunha empresa catalá permitirá que este emblema para a vila meca non desapareza. A partir de hoxe Bluedisplays, empresa especializada no sector, será a encargada de xestionalas instalacións.

    Os seus propietarios non se quixeron esquecer das contribucións realizadas polos mariñeiros de O Grove e a axuda de toda a corporación municipal. Confesaron, ademais, que a nova xestora é coñecedora da difícil situación pola que atravesan as instalacións.

    Pola súa banda, o seu novo director de xestión destacou a potencialidade do espazo polo que tentarán recuperar e conservalas especies locais mariñas e o entorno intermareal. Ó tempo, informou que abrirán de novo as portas en Semana Santa. 

    O director engadiu finalmente que teñen previsto contratar entre 10 e 15 persoas para o que terán en conta aqueles profesionais que xa traballaron nestas instalacións.

    Redacción Salnés