A Xunta abre a inscrición aos campamentos e voluntariados de verán con 2500 prazas en Pontevedra, 600 delas en Vilanova

ILANOVA> A Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición para os campamentos e campos de voluntariado. En total serán 2500 prazas as que a administración autonómica poña a disposición dos interesados durante este verán. O prazo de inscrición remata o día 2 de maio.

O verán está á volta da esquina, e coa chegada da época estival comeza a tempada alta dos campamentos e campos de voluntariado. Unha maneira de gozar do verán coñecendo a xente nova e realizando numerosas actividades. Para os interesados en participar nesta campaña, a Xunta xa abriu o prazo para a inscrición nos campamentos e nos campos de voluntariado.

Os campamentos teñen como obxectivo promover valores como o compañeirismo e a solidariedade, así como axudar á xente con menos recursos a gozar do verán dunha maneira diferente.

Das 2500 prazas de Pontevedra, 600 están en Vilanova. A vila xa se prepara para recibir aos visitantes.

O campamento vilanovés ten 80 anos de historia, dende a vila sinalan que este espazo é moi importante no desenvolvemento de Vilanova.

A praza de inscrición remata o 2 de maio. Os interesados xa poden solicitar a súa praza a través da sede electrónica da Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí