O Grove reivindica a Autovía ante a Xunta de Galicia

    O GROVE > A Corporación meca reivindicará ante a Xunta a Autovía ó Grove. Así o acordaron en pleno. Crearase unha delegación de portavoces que traslade á Xunta o desacordo co actual proxecto. Os partidos da localidade únense para reivindicar o que consideran un dereito dos veciños nun problema que xa ven de vello.

    plenogrove_300_260506.jpgA petición á Xunta de ampliar a autovía do Salnés ata O Grove non foi o único tema tratado no pleno de onte do Grove nunha sesión na que predominaron as mocións de urxencia. Un dos puntos que máis interese suscitaba era o do Punto de Atención Continuada de pediatría que se prevé que se elimine no concello de Cambados.

    O equipo de goberno solicitou o apoio do resto dos grupos da corporación para presentar unha moción conxunta á Xunta de Galicia. A moción de urxencia presentada polos populares saíu adiante grazas ós votos de Esquerda Unida e o partido Galeguista. Os nacionalistas ven ben que se manteña o punto de atención pero abstivéronse na votación por considerar incongruente a duplicación do servizo na comarca se se dota ó Grove doutro PAC como pretenden pedir. Para o BNG o primordial é coñecer con anterioridade cales son as solucións que propón sanidade ós nenos do Grove.

    Tamén os socialistas se decidiron abster na votación por considerar que se está a solicitar que non se elimine un servizo que en realidade non existe no Grove.

    Redacción Salnés