Feijoo aposta pola sector agrario coa lei de recuperación da terra agraria e a estratexia do lácteo

CALDAS> O presidente da Xunta de Galicia visitou a fábrica de Clesa para coñecer a boa situación da empresa. A factoría devolveu en decembro ao Igape a subvención que lle concederon hai 9 anos para evitar a quebra da compañía. Neste tempo Clesa multiplico por tres o seu plantel e por 17 a súa produción.

Un dos produtos lácteos máis demandados na nosa comunidade é o iogur de crema de bombón de Clesa. E o presidente da Xunta, tamén o escolle como un dos seus favoritos. Núñez Feijoo visitou a fábrica para comprobar o bo funcionamento da factoría despois de que a Xunta a salvase da quebra hai 9 anos. A aposta deu os seus froitos e o pasado mes de decembro Clesa devolveu ao Igape os 5 millóns e medio de euros prestados.

O presidente tamén destacou a unión das empresas lácteas na cooperativa Clun. Unha unión que para Feijoo é imprescindible para competir a nivel internacional.

Dende Clun agradeceron o apoio da Xunta que axudou para que a empresa dese a volta á situación. Hoxe en día o seu plantel multiplicouse por tres e a súa produción por dezasete. Converténdose na primeira factoría de produción de lácteos integramente española.

Na visita o presidente da Xunta tamén garantiu o seu compromiso co sector agroalimentario que se verá reflectido na lei de recuperación da terra agraria e na Estratexia do lácteo.

A estratexia non vai destinada só a produción, se non tamén á transformación e a comercialización, co obxectivo de Galicia continúe sendo punteira no sector lácteo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí