Soaga ponse á vangarda da investigación de produtos agrarios e gandeiros coa creación do seu propio laboratorio

VILANOVA> A empresa vilanovesa Soaga crea o seu propio laboratorio para analizar diferentes chans e cultivos e mellorar os produtos para gandeiros e agricultores. A tecnoloxía de primeiro nivel permitirá á compañía poñerse á vangarda nestes estudos. O laboratorio permitirá elaborar produtos adaptados as novas normativas europeas e reducir custos á propia empresa e aos seus clientes.

A empresa vilanovesa Soaga deu un paso máis para continuar sendo un referente no sector da comercialización e produción de produtos agrícolas e gandeiros coa creación do seu propio laboratorio. No centro analizaranse diferentes chas e cultivos para mellorar a calidade dos seus produtos.

O laboratorio conta con tecnoloxía de última xeración que poñerán a Soaga á vangarda nas investigacións dos produtos agrícolas e gandeiros.

Estes estudos permitirán adaptar os produtos ás normativas europeas e aforrar custos as agricultores e gandeiros.

De feito, o laboratorio estará aberto para que os clientes de Soaga poidan resolver as súas dúbidas.

Ademais da creación do laboratorio, Soaga tamén lanzou o seu novo produto, Fertimón Tech. Un produto novidoso adaptado ás novas normativas europeas con certificados ecolóxicos e enfocados a que o propio cultivo se protexa fronte a patóxenos, mellorando as prestacións da agricultura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí