Atracan a unha loteira de Vilanova de Arousa

    VILANOVA > En Vilanova, unha muller foi atracada hoxe cando se dirixía a facer un ingreso na caixa de aforros da vila. Segundo as primeiras …

    …investigacións policiais, foi agredida por dous homes que a estaban a vixiar os movementos da muller, propietaria da administración de lotería da localidade.

    En total roubáronlle máis de 35.000 euros. A dona desta administración de lotería de Vilanova foi atracada hoxe cando se dirixía á caixa de aforros da vila a facer un ingreso. Foi sobre as 12 deste medio día. Segundo fontes da comisaría da Garda Civil en Cambados, que é a que está a levar o caso, cando se cometeu o atraco era a segunda vez durante a mañá na que a muller acudira á caixa de aforros.

    caixaaforros200_001.jpgNa primeira, xa vira a dous individuos sospeitosos nas proximidades da entidade bancaria, e así llo comunicara á unha das traballadoras da caixa. Cando se dirixiu por segunda vez á caixa, os dous homes que supostamente a atracaron, estaban dentro dun coche de cor negro, polo que a muller non se percatou da súa presenza.

    Antes de entrar na caixa de aforros a vítima foi agredida por dúas persoas que a empurraron e lle roubaron un os cartos que levaba nun maletín. Segundo parece, uns 38.000 euros. As primeiras investigacións da garda civil apuntan a que os dous individuos, de entre 20 e 30 anos, estaban a seguir á vítima, que por sorte non sufriu ningún dano físico. Pero o susto foi grande, e polo menos ata mañá non ten pensado voltar ó traballo.

     

    Redacción Salnés