Zona Aberta quere ‘mimar as nais’ ncun sorteo de 500 euros

VILAGARCIA> Zona aberta quere mimar ás nais coa súa nova campaña do día da nai. A asociación de comerciantes sorteará nesta ocasión 500 euros, 400 en vales compra e 100 destinados a un fin de semana nun hotel. Xa se pode participar no sorteo realizando as compras nos comercios adheridos.

A asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía puxo en marcha unha nova campaña do día nai. Nesta ocasión, a organización de comerciantes sorteará 500 euros en premios.  

Na imaxe da campaña, a asociación escolleu unha libreta escrita por un neno. Zona Aberta quere ter unha homenaxe así co cariño que as nais dan aos seus fillos.

Dende zona aberta sinalan que a campaña do día da nai sempre soe funcionar moi ben. Para os establecementos estas promocións son unha oportunidade de dinamizar as súas vendas.

Tamén sinalan que á hora de agasallar ás nais hai máis diversidade.

Os interesados en optar ao premio deberán comprar nos comercios asociados. Coas súas compras recibirán un boleto no que teñen que escribir o nome dunha nai. O sorteo terá lugar o luns 8 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí