Educación arranxará o ximnasio e os problemas de fontanería do CPI

    colexio_pontecesures.jpgPONTECESURES> O xefe territorial desta consellería en Pontevedra prometeu estudar a construción dun comedor no colexio.

    {flowplayer}images/salnes/240809_colexio_pontecesures.flv{/flowplayer}

    Uns 360 rapaces de primaria e secundaria están preparados para comezar as clases neste colexio de Pontecesures entre o 10 e o 17 de setembro. Pero non sucede o mesmo coas instalacións do centro. Empezando polo ximnasio. Ten problemas de pingueiras, o chan presenta tamén deficiencias e no seu estado actual supón un risco a práctica de deporte. A isto hai que engadir algúns problemas de fontanería. Necesidades todas elas básicas que esta mañá a alcaldesa María Isabel Castro lle comunicaba ó Xefe Territorial de Educación en Pontevedra. César Augusto Pérez comprometeuse a poñerlles solución de xeito urxente.

    Antes de realizar esta visita ó centro, Alcaldesa e xefe territorial mantiveron unha xuntanza no concello á que tamén asistiron a directora do CPI Pontecesures e outros membros do executivo local. Nela comunicáronlle outra das necesidades do centro: a construción dun comedor escolar que dea servizo ós alumnos matriculados.

    O xefe territorial de Educación indicou que vai estudar a posibilidade de facer unha ampliación no centro de cara ó vindeiro curso para poder instalar este comedor, xa que nestes momentos o centro non dispón dun espazo susceptible de acoller este servizo.

    Redacción Salnés