Novo accidente mortal no sector da construción

    RIBEIRA > De novo un accidente laboral volve estar por desgracia de actualidade no noso informativo, xa que esta mañá falecía en Ribeira un albanel de 44 anos: Xosé Manuel Veiga Barreiro, veciño do concello de Moraña. Ó parecer e por causas que aínda se descoñecen o traballador precipitouse dende un terceiro piso do edificio no que traballaba na zona de Abesadas.

    obra_300_31062006.jpgPolo de agora descoñécense as causas do sinistro, o que si se sabe é que o obreiro precipitouse ó chan polo oco das escaleiras. Ata o lugar do accidente achegáronse membros de Protección Civil, unha ambulancia do 061, así como efectivos da Policías Local e Nacional, que xa non puideron facer nada. Ata o lugar do suceso, ó redor da unha e media da tarde, achegouse tamén o xuíz do Xulgado de Ribeira para proceder ó levantamento do cadáver que posteriormente foi trasladado ata o Hospital Clínico de Santiago, ó Anatómico Forense.

    Redacción Barbanza