![]()
RIBADUMIA > A trixésimo cuarta edición da festa do viño tinto do Salnés deu comezo esta coa inauguración dun busto conmemorativo da festa na entrada do concello. Trátase dunha peza doada pola Deputación de Pontevedra realizada en bronce no ano 1957 polo finado escultor José María Acuña.
A peza foi inaugurada co gallo da trixésimo cuarta edición da festa do Viño Tinto de Barrantes. Representantes da comisión de festas e da Asociación de Viticultores de Arrantes acompañaron á alcaldesa e mais ó presidente da Deputación no acto no que estivo a filla do escultor, que destacou o labor feito polo pai.
Coa inauguración da peza que leva por título ‘Rico’ dan comezo as festas que se prolongarán durante toda a fin de semana e que contas, entre outras, coas actuacións gratuítas de Los Pablos, M-Clan e Siete Setenta no campo de fútbol de Barrantes.
Redacción Salnés








