O Grove acolle unha nova charla explicativa sobre a lei de pesca

    dv_38_-_charla_grove_100.jpgO GROVE > Mexilloeiros membros do Consello Galego de Pesca mantiveron onte unha charla informativa no Grove para explicar ós traballadores…

    … do sector os pormenores do que vai a ser a nova lei de pesca. A idea de celebrar estas xuntanzas xurdiu da falla de información por parte de parte do sector miticultor, que algúns aproveitaron para sementar entre eles a confusión. Nestas reunións, os bateiros preguntan cando estiman necesario sobre a nova lei de pesca a fin de esclarecer tódalas súas dúbidas.

    Esta reunión é a cuarta, que sucede a outras anteriores que tiveron lugar en Moaña, a Illa e en Boiro. En todas e cada unha delas houbo unha pregunta insistente entre os presentes: se a nova lei de pesca ía a garantir o seu futuro no mundo das bateas. Unha cuestión que desde este colectivo obtivo unha resposta optimista.

    Ante a constatación desta falla de información, representantes deste grupo de mexilloeiros van a continuar cas charlas noutros concellos onde se precisen. O primeiro deles podería ser Vilanova, onde esta mesma noite, tamén se achegou o parlamentario nacionalista Bieito Lobeira para explicarlles ós traballadores do mar os pormenores desta mesma lei.

    Redacción Salnés