A Xunta investirá máis de 500 mil euros en reformar a casa museo de Valle-Inclán en Vilanova

VILANOVA> A Xunta de Galicia investirá 500 mil euros na remodelación do museo de Valle Inclán en Vilanova. A intervención dirixirase a arranxar as deficiencias da instalación e a mellorar toda a súa contorna.  Dende a xunta poñen en valor este museo como unha parada clave na ruta xacobea de Mar de Santiago.

A xunta de Galicia investirá 27 millóns de euros do Plan Xacobeo Next Generetion en reformar algúns dos Bens de interese cultural da nosa comunidade. Dentro destes bics encóntrase a casa museo de Ramón de Valle – Inclán en Vilanova. A Xunta investirá 500 mil euros na mellora dunha instalación clave dentro da ruta xacobea de Mar de Santiago.

A posta en valor é unha das claves desta intervención que non só afectará á casa museo se non á súa contorna.

A actuación permitirá mellorar o inmoble facéndoo máis accesible e moderno.

Con esta posta valor tamén se desenvolverá un centro de interpretación e información sobre a ruta xacobea de Mar de Santiago. Dentro desta ruta, as Torres do Oeste de de Catoira tamén se verán beneficiadas por este Plan Xacobeo Next Generation.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí