A gardería de Boiro entrará en funcionamento despois do ver´n

    BOIRO > O alcalde de Boiro, Xosé Deira, asinará o último dos convenios coa Xunta de Galicia que posibilitará a posta en marcha definitiva para o mes de setembro ou outubro do edificio do Centro de Día e da Gardería. A axuda, que nesta ocasión ascende a uns 200 mil euros, irá destinada á realización do peche exterior do inmoble e o acondicionamento do patio.

    gardera_300_070606.jpgDespois de realizar unha adaptación da distribución interior do edificio que albergará ó futuro Centro de Día e á Gardería Municipal situado na zona de Praia Xardín, ó non axustarse á capacidade que presentaba o proxecto, o executivo boirés agarda poñer en marcha definitivamente estas instalación no mes de setembro ou outubro.

    O rexedor local, Xosé Deira, informou da subvención concedida por parte da Vicepresidencia de Igualdade e Acción Social, que ascende a preto dos 200 mil euros e que permitirá a posta en funcionamento destas instalacións.O rexedor boirés  referiuse tamén ós numerosos problemas existentes na execución desta obra e que provocaron un retraso significativo na súa posta en marcha, lonxe da data prevista nun primeiro momento.

    Redacción Barbanza