![]()
BARBANZA > A folga dos transportistas comeza a deixar a súa pegada nos mercados da comarca do Barbanza.
{flowplayer}barbanza/folgatransporte.flv{/flowplayer}
BARBANZA > A folga dos transportistas comeza a deixar a súa pegada nos mercados da comarca do Barbanza. A escaseza de produtos frescos e outros artigos de primeira necesidade como o aceite e o leite comeza a evidenciarse nos mercados da comarca do Barbanza. Os consumidores botan de menos as estanterías cheas de mercancía que hai tan só uns días se observaban nos supermercados. E a a verdura, a carne e o pesacdo fresco son cada vez máis difíciles de conseguir nas prazas de abastos.
Boa parte dos consumidores están de acordo cos motivos que levaron á folga ó sector do transporte, e algúns mesmo consideran que debería ter un maior seguemento para ser efectiva. Sen embargo, quéixanse da situación de desabastecemento que ameaza ós mercados polo que agardan unha pronta solución negociada que garanta de novo a normalidade.
Medidas urxentes
No que si coinciden tódolos enquisados é na desorbitada suba dos prezos dos produtos básicos, motivada polo encarecemento dos carburantes polo que consideran preciso a adopción de medidas por parte do goberno para paliar a crise.
Redacción Barbanza











