Morre unha muller atropelada polo tren ó seu paso pola zona de Carril

    VILAGARCÍA > Un tren atropelou a unha muller duns setenta anos de idade cando camiñaba pola vía. A defunta non logrou ser recoñecida por ningún dos veciños da zona que se achegaron ata as inmediacións baixo petición da Policía Local. O xuíz de Garda e un médico forense levantaron o cadáver da finada para que o tráfico ferroviario puidera ser restablecido.

    atropelotren_300_070606.jpgAconteceu ben cedo pola mañá do mércores, sobre as sete menos dez. Unha muller duns setenta anos de idade segundo os veciños da zona, camiñaba pola vía do tren que cobre a liña rexional Vigo – A Coruña ó seu paso por Carril. O primeiro tren da mañá sorprendeuna e levouna por diante.

    Os veciños da zona non alcanzan a comprender como a muller camiñaba por aquela zona a esas horas e coinciden en apuntar que non debía ser da zona porque os que foron avisados para ir recoñecela non lograron facelo, entre outro motivos porque tiña o restro desfigurado.

    Para que puidera continuar o tráfico ferroviario o cadáver foi levantado polo xuíz de garda maila Policía Local e Nacional.

    Redacción Salnés