Mariscadoras de Vilaxoán denuncian a un grupo violento de furtivos

    VILAGARCÍA > As mariscadoras de Vilaxoán está en pé de guerra cunha panda de furtivos que actúan desde hai semanas nas praias do Rial e Borreiros, dúas zonas con pouca visibilidade. Segundo denuncia a presidenta das mariscadoras o grupo está formado por unhas oito persoas que nalgunha ocasión se ten enfrontado coas propias mariscadoras que vixían a zona.

    A Agrupación de Mariscadoras de Vilaxoán denuncian a un grupo de mozos que están roubarlles a cría de marisco das súas praias. Os furtivos están a actuar en zonas como o Rial e Borreiros, con pouca visibilidade. Traballan en grupo, e con marea media alta. Mentres un entra ó mar con traxe de neopreno e botas altas, o resto controla os movementos das mariscadoras que vixían as praias. Segundo denuncia a propia presidenta da Agrupación, Rosa López, nunha ocasión os furtivos mesmo se enfrontaron a unha mariscadora intentando agredila cun pau.

    Os furtivos están a levar moita cría de ameixa xapónica ou fina e de berberecho, polo que aínda é difícil calcular as perdas económicas. Segundo asegura Rosa López estes mozos teñen moi controlados os movementos das mariscadoras e resúltalles moi doado coller o marisco e ademais vendelo. Ó parecer os seus clientes son os propios bares da zona.

    Os feitos xa se puxeron en coñecemento das forzas de seguridade e da Xunta e os furtivos están incluso identificados. Pero para detelos é preciso que os collan co marisco na man para que haxa delito. As mariscadoras piden que se poña remedio a esta situación antes de que haxa un percance serio.

    Redacción Salnés