Tres dos sindicatos arremeten contra o Concello polo ritmo da catalogación

    sindicatospersoalconcello100_280307.jpgVILAGARCÍA > Tres dos catro sindicatos de Vilagarcía informaron hoxe sobre as novidades no proceso de catalogación

    …no concello. Tanto a CIG, o CSI-CSIF e CCOO apuntaron as súas demandas e aseguraron que eles non buscan unha suba salarial xeral senón unha revisión das funcións destes case 300 afectados e un aumento acorde a estas labores. Ademais apuntaron a total falta de sintonía có Concello.

    sindicatospersoalconcello200_280307.jpgRepresentantes dos sindicatos CIG, CSI-CSIF e CCOO informaron hoxe das razóns das mobilizacións dos traballadores municipais e apuntaron as propostas de cada un destes sindicatos para conseguir un entendemento co Concello. Alegan que se trata dunha situación que se alonga dende hai máis de tres anos e culpan ó grupo de goberno da vila de demorar as negociacións e de, en determinado momento, rompelas unilateralmente. Aseguran que o Concello se contradí ó sinalar a falta de tempo e á vez convocar a próxima reunión o dous de abril.

    Segundo estes sindicatos, non se trata dunha suba salarial e recalcan que se trata dunha reestructuración. Aseguran que moitos funcionarios teñen máis funcións que as oficiais e que ese plus merece unha subida que variará segundo o caso. Tamén denuncian que os traballadores do concello perderon poder adquisitivo en torno a un 8% nos últimos anos. Ademais aseguran que a temporalidade no concello vilagarcián é dun 60%.

    Estes tres sindicatos expresaron a súa vontade de seguir coas negociación a pesar de arremeter contra o alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, de quen aseguraron non sabe negociar nin con presión nin sen presión. As tres organizacións sindicais recalcaron que se seguirán mobilizando pero sempre no ámbito público e nunca no privado. Mañá está prevista unha concentración no concello ás cinco e media da tarde. O cuarto sindicato da vila a UXT non estivo presente nesta convocatoria.

    Redacción Salnés