Valga inaugura o seu Belen co volcán da Palma e os xogos olímpicos como principais novidades

VALGA> O Volcán da Palma, os xogos olímpicos e de novo a pandemia, protagonistas do Belén de Valga. A asociación de amigos do Belén e as autoridades inauguraron onte a recreación do nacemento máis famoso da nosa contorna. A representación está formada por máis de 4000 figuras elaboradas a man.

Coa chegada do Nadal, unha das representacións do Belén que atrae a máis visitantes é a de Valga. Cada ano miles de persoas achégase a ver a recreación do nacemento de Xesús que elaborada manualmente pola asociación amigos de Belén. A representación está composta por 4000 figuras que mesturan a tradición do Belén con temáticas actuais como a pandemia, o volcán da Palma ou os xogos olímpicos.

O Belén de Valga leva expoñéndose dende hai case 30 anos. O ano pasado, e a pesar da pandemia, máis de 50 mil persoas achegáronse a visitalo. Dende o concello agradeceron o traballo realiza pola asociación e cualificaron o Belén como un orgullo.

O Belén de Valga está declaro de interese autonómico. Tanto para a vila como  para a comunidade a súa representación convértese nun gran reclamo turístico.

O Belén estará aberto ao público de forma gratuíta nas vindeiras cinco semanas. Os horarios serán de luns a sábado pola tarde e os domingos pola mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí