Os veciños axudan a Arousa Solidaria tras o roubo de maquinaria

    VILAGARCÍA> Os veciños de Guillán prestarán os seus apeiros de labranza á Arousa Solidaria para que poidan seguir colleitando a horta de A Golpilleira. A asociación, que presta axuda a 13 familias sen recursos, viu parada a produción da que se alimentan unhas 85 persoas despois de que o pasado venres alguén forzara a entrada da vivenda onde gardaban todos a maquinaria.

    Cando o pasado venres os traballadores da finca de Arousa Solidaria atoparon a porta da entrada forzada e a súa maquinaria roubada, non se esperaban que a historia puidese ter un final menos negro do que nese momento prevían. Durante a fin de semana recibiron medio cento de chamadas ofrecéndolles axuda diversa e son os veciños de Guillán os que lles prestarán os seus propios apeiros mentres estes non conseguen outros.

    A asociación naceu fai dous anos co obxectivo de facilitar a reinserción a persoas en situación de grave emerxencia social e na horta solidaria que manteñen as 13 familias beneficiarias producen as froitas e hortalizas que consumiran despois para o seu aforro familiar.

    Ademais dende Arousa Solidaria tamén axudan proactivamente aos seus membros a atopar emprego e actualmente 8 das 13 familias teñen algún membro traballando.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/30/roubo_arousa_solidaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/30/roubo_arousa_solidaria.mp4{/flowplayer}