Os bateeiros galegos xa poden cobrar as indemnizacións do Prestige

    GALICIA > Os bateeiros galegos que reclamaron polos danos do Prestige xa poden comezar a cobrar as indemnizacións, que ascenden a máis de 1.200 euros por cabeza. Representantes de Agame, Amegrove, Federación Arousa Norte e Opmega, entre outras organizacións, asistiron este venres á sinatura dos acordos co Estado.

    O sector bateeiro xa pode empezar a cobrar as indemnizacións polo accidente do Prestige, que ascenden a máis de 12 mil euros por batea. Este venres asináronse en Santiago os acordos entre o Ministerio de Economía e Facenda e os representantes legais das organizacións e asociacións de mexilloeiros de Galicia que reclamaron polos danos derivados do vertido de fuel do petroleiro.

    A rúbrica deste acordo foi presidida pola subsecretaria do Ministerio de Economía e Facenda, Juana Lázaro Ruiz, comisionada do Goberno central para as firmas dos acordos transaccionais cos damnificados pola catástrofe do Prestige e quen dirixiu os traballos necesarios para satisfacer as indemnizacións dos afectados. T

    amén estivo a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, quen se encargou da mediación entre bateeiros e Goberno central, facilitando ó Consorcio de Compensación de Seguros toda a a documentación necesaria para facer realidade estes cobros. Ademais, Pesca avalou os danos cun informe económico, feito por unha consultora independente. Por parte dos afectados estiveron representantes de Agame, Amegrove, Federación Arousa Norte e Opmega, entre outras organizacións.

    Redacción Salnés