Rescatan un coche afundido na enseada do Esteiro

    cocheenseadaesteirovilanova_100_120606.jpgVILANOVA > Catro mozos resultaron feridos leves ó caer co coche ó mar na zona do Esteiro, en Vilanova. Os ocupantes, dous mozos e dúas mozas, eran de Vilagarcía e da Illa de Arousa e saíron polo seu propio pé, grazas a que a marea estaba baixa. O vehículo foi retirado da auga coa axuda dunha grúa dos bombeiros.

    cocheenseadaesteirovilanova_300_120606.jpgDúas parellas de mozos de entre 17 e 19 anos tiveron este sábado a sorte do seu lado. Os catro acabaron co vehículo no que circulaban no mar, na enseada do Esteiro de Vilanova. O accidente tivo lugar sobre as dúas da tarde cando o Peugeot 206, con matrícula 5409-CLM perdeu o control e precipitouse á auga. O coche ía conducido polo veciño da Illa I.B.M, de 19 anos, e acompañábano outro veciño da Illa, D.D.F e dúas mulleres de Vilagarcía de 17 anos, L.F.S. e Z.G.G.

    Ó parecer o vehículo, tras saírse da vía, deu varias voltas de campá para acabar volcado sobre o lado do conductor nunha zona onde a marea só cubría 50 centímetros. Isto foi o que salvou ós ocupantes do coche que puideron sair polo seu propio pé. Para retirar o vehículo da enseada precisouse dunha grúa e dun grupo de buzos dos Bombeiros do Salnés. No lugar do sinistro tamén estiveron a Policía Local de Vilanova, Protección Civil de Vilagarcía e unha ambulancia do 061 que trasladou ós mozos ó Hospital do Salnés.

    Redacción Salnés