A Plataforma en Defensa da Ría reúne a dúas mil persoas contra a celulosa

    manifestacionence_100_120606.jpgPONTEVEDRA > Unhas duas mil persoas manifestáronse o sábado en Pontevedra pedindo o adianto do peche de Ence. A mobilización estivo secundada por veciños de Pontevedra e outros municipios contrarios á factoría. Na marcha estiveron os alcaldes de Pontevedra e Poio e mailo edil nacionalista de Sanxenxo, Roberto Lores, entre outros.

    manifestacionence_300_120606.jpgA Plataforma en Defensa da Ría logrou converter case nun clásico esta cita tradicional no calendario ecoloxista galego. A asociación logrou xuntar este ano ante as portas da papeleira a unhas duas mil persoas entre a manifestación que saíu de Pontevedra e a que saíu de Marín. En Pontevedra déronse cita na Alameda unha gran cantidade de asociacións, agrupacións, colectivos e persoas a título individual.

    Manifestáronse tamén os contrarios ó traslado da factoría a outros municipios. Na marcha atopábanse o alcalde de Poio, o de Pontevedra e o seu irmán, o edil nacionalista en Sanxenxo: Roberto Lores. Sacáronse bandeiras, entregáronse panfletos con información e vendéronse camisetas. Vinte artistas realizaron obras para a marcha e exhibiron os seus traballos xusto antes do comezo. Por haber, houbo incluso curiosos manifestantes. Todos cun obxectivo común: o peche da fábrica antes do ano 2018, que é data fixada como referencia.

    Redacción Salnés