VILANOVA> A música dos anos 80 soará con forza en Vilanova. O pazo de Vista Real acollerá o vindeiro 4 de xullo O Son de Vilanova Fest. Trátase da terceira edición deste evento que non deixa de medrar. Este ano Rafa Sánchez, de La Unión, é o cabeza de cartel. Completan a programación La década prodigiosa, Amistades Peligrosas, Pancho Vanora e Manu GZ DJ. A organización agarda superar as 3.000 persoas que se xuntaron o ano pasado.
Volven os 80 a Vilanova de Arousa da man do Son de Vilanova Fest. Trátase da terceira edición dun festival que non deixou de medrar dende o seu nacemento. Este ano vaise celebrar o 4 de xullo, cun cartel máis que completo.
Rafa Sánchez preséntase como cabeza de cartel. Con el, La década prodigiosa, Amistades Peligrosas ou Pancho Vanora e Manu.
No festival haberá distintas opcións gastronómicas, incluído chocolate con churros. Tamén zona infantil.
Na organización agardan superar o éxito de participación do ano pasado.
O concello de Vilanova e a Deputación de Pontevedra colaboran co festival.
A venda de entradas anticipadas xa están á venda, cun prezo de 20 euros. O día do festival terá un prezo de 25.











