Venezuela estreita lazos con Galicia a través da empresa Extrugasa

    VALGA > O gobernador do estado venezolano de Sucre, Ramón Martínez, está de visita en Galicia. O luns visitou a comarca Ulla Umia. Alí visitou varias empresas e animou ós emprendedores galegos a investir no país latinoamericano e en concreto no estado de Sucre, onde se está levando a cabo unha importante modernización e un avance de tódalas estructuras sociais.

    venezuelavalga_300_130606.jpgA primeira parada do gobernador do estado de Sucre foi en Valga. Alí estivo toda a mañá vendo a empresa Extrugasa da man do seu presidente, Andrés Quintá. Co gobernador estaba toda a delegación da república latino americana que acababa de aterrar en Galicia co obxectivo de avanzar en transferencia tecnolóxica e desenvolvemento turístico e pesqueiro.

    Para iso asinará o venres coa Xunta de Galicia un memorandum de entendemento que permita ós empresarios galegos investir en Venezuela con tódalas garantías. O gobernador destacou a importancia pesqueira do seu estado e mostrou gran interese na batea sumerxible participada polo Grupo Quintá de cara a potencia-lo sector da acuicultura e, moi relacionado con este, o siderúrxico.

    O gobernador amosouse moi sorprendido polo nivel de desenvolvemento da industria galega e pediu unha colaboración para fusionar este desenvolvemento coas posibilidades que ofrece Venezuela, algo que o presidente de Extrugasa tamén ve con bos ollos.

    Redacción Salnés