Os concellos estudan a posibilidade de ampliar a Vía Verde do Salnés ata Pontevedra

VILAGARCIA> Os concellos de Caldas, Vilagarcía, Portas, Barro e Pontevedra reúnense para a creación dunha gran vía verde. O proxecto consistiría en ampliar a actual vía verde do Salnés ata o concello de Pontevedra. O novo tramo de senda podería transcorrer por vías abandonadas e polo camiño de Santiago.

Tralo éxito da vía verde do Salnés, os concellos estudan a posibilidade de ampliar o seu percorrido. Numerosas persoas percorren cada un día un traxecto que se presenta como unha gran alternativa saudable, especialmente durante a difícil situación santiara que estamos atravesando. Os concellos implicados na vía, xunto cos municipios de Barro e Pontevedra, comezaron as reunións para ampliar o traxecto do camiño ata a Boa Vila.

A vía verde ten un percorrido de 9 quilómetros, co ampliación pasaría a ter unha distancia de 23 quilómetros. Os concellos traballando con dúas alternativas para ampliar a vía verde.

Dende o concello de Pontevedra sinalan que o proxecto é unha gran oportunidade para fomentar o ocio e o turismo saudable.

Con este mesmo obxectivo de fomentar hábitos saudables sumouse o concello de Barro.

Os concellos dan os primeiros pasos para levar a cabo este proxecto. Un perccorido que incluso podería ampliarse máis, porque de a Boa Vila tamén estudan a posibilidade de unir a súa cidade cunha senda ata Arcade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí