O executivo boirés acomete a mellora do casco urbano de cara ó verán

    obras_100_140606.jpgBOIRO > O executivo boirés iniciou hai uns días unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar distintas zonas do casco urbano que presentaban algunha que outra deficiencia. A intención non é outra que realizar un lavado de cara para que a vila presente un mellor aspecto de cara ó verán e á chegada dos turistas.

    Operarios municipais realizan estes días a mellora do pavimento en varias rúas e prazas da localidade, entre elas a do propio concello, que presentaban tamén algunha que outra deficiencia, fundamentalmente polo estado do firme, debido á existencia dalgunha que outra lousa levantada. obras1_200_140606.jpg

    Outra das actuacións que se está a executar actualmente é a que se está a levar a cabo na zona do Camiño Real e consiste basicamente na construción dunha balaustrada de pedra e a instalación de novo mobiliario urbano.

    Outro proxecto que ten en mente levar a cabo o executivo tripartito en breve será posible grazasó acordo ó que chegaron co propietario dun terreo na zona da igrexa de Santa Baia e que posibilitará tamén a mellora deste entorno.

    Redacción Barbanza