RIBEIRA> Durante as próximas seis semanas non haberá polbo galego nas lonxas. O cefalópodo entra en veda tras unha campaña moi satisfactoria tanto en prezos como descargas. As capturas totais en toda Galicia duplicaron as do ano anterior.
As cifras falan por si soas. O pasado ano as capturas de polbo no chegaban ó millón de quilos mentres que na actual campaña que vén de pechar superaron os dous millóns. Os prezos tamén cotizaron á alza cunha media de 9 euros e medio.
A lonxa de Ribeira liderou un ano máis o índice de descargas con aproximadamente 400 mil quilos de cefalópodo.
A veda prolongarase agora ata o 4 de xullo. Finalmente acordouse un parto de seis semanas tal e como pedían as federacións de Lugo e Pontevedra fronte ás 8 que demandaba Coruña.
Ata o momento, semella que as perspectivas para a vindeira campaña son optimistas posto que xa se está a ver algo de cría o que augura a presenza de recurso de cara ó levantamento da veda.