O PSOE de Noia acusa a Marisol Villar de instigar a moción de censura

    NOIA> Os socialistas de Noia acusan a Marisol Villar de ser a principal instigadora da moción de censura presentada oficialmente o pasado venres. Consideran que non só ten traizoado ós socios de goberno senón tamén ós seus electores xa que afirmou que nunca pactarían co PP. Unha vez presentada a moción de censura de xeito oficial, o PSOE de Noia non tardou en reaccionar facendo público o seu malestar cos que ata o de agora foron os seus socios de goberno. Critican con especial dureza a Marisol Villar acusándoa de ser a promotora deste acordo co PP que, segundo os socialistas, vense xestando dende hai meses. Concretamente dende novembro din dende o PSOE que comezaron a escoitar rumores sobre a posibilidade dunha moción de censura que finalmente se materializaba este venres. En canto ás razóns aducidas polos edís do NOIA, con respecto ás discrepancias na xestión municipal, o PSOE desminte a existencia destas diferenzas e alude a intereses ocultos. Din literalmente que Marisol Villar non aceptaba a política de transparencia e pretendía caciquear. Tras estas duras acusacións afirman que os independentes traizoaron ó seu electoral, ó pactar co PP, algo que negaron rotundamente en campaña. Así as cousas, os socialistas sosteñen que marchan do goberno ca cabeza ben alta e sen nada de que avergoñarse.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí