Iniciadas as obras de humanización e mellora da seguridade vial na avenida de San Campio

OUTES> A actuación, cun custe de preto dos 350 mil euros, está financiada pola Deputación da Coruña. A obra fora paralizada hai uns anos debido ó incumprimento por parte da empresa adxudicataria no seu día do proxecto, polo que houbo que volver a licitala.

Esta semana iniciáronse as obras para o remate da humanización e mellora da seguridade vial da avenida de San Campio.

A actuación, na que se investirán preto dos 350 mil euros, foi paralizada hai uns anos debido ó incumprimento por parte da empresa do proxecto.

Debido ó tempo transcorrido o organismo provincial tivo que encargar un novo proxecto técnico, no que se incluíron tamén outras melloras con respecto ó proxecto orixinal.

Segundo explicou o rexedor local a actuación contribuirá a mellorar a seguridade peonil na zona mediante a construción de beirarrúas e a dotación dunha nova capa de rodaxe.

O proxecto inclúe ademais a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, a recollida de pluviais e a canalización do alumeado, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical.

As obras terán un prazo de execución de seis meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí