A campaña Panos Brancos contra a Droga celebrarase nos meses de maio

    VILAGARCÍA > A Fundación Galega contra o Narcotráfico tentará instaura-la campaña Panos Brancos contra a droga no mes de maio. Así o decidiu tras varias reunións con diversos colectivos. A campaña duraría unha semana, entre o 3 e o 10 de maio,  e tería un día central adicado á prevención do consumo de drogas nos centros educativos.

    panosbrancos_300_150606.jpgA semana elexida para desenvolve-la campaña iniciada o pasado mes de febreiro sería entre o 3 e o 10 de maio. Así o decidiu a Fundación Galega contra o Narcotráfico tras varias xuntanzas cos colectivos implicados nesta campaña, cos que tamén analizaron os erros cometidos na primeira edición. Entre eles a data elexida ou a escasa implicación social no tema das sabas brancas. Aínda así, consideran que a iniciativa foi todo un éxito e por iso queren institucionalizala. Para iso pediranlle á Xunta de Galicia que cree un día específico que sería o Día dos Panos Brancos contra a Droga. A semana incluiría unha marcha como a celebrada en Vilagarcía o pasado mes de febreiro e que congregou a 5.000 persoas de tódolos sectores sociais que unidos lle dixeron ‘non ás drogas’.

    Redacción Salnés